Imprimir

García García, Ana - A impostura da imposición lingüística en Galiza: datos sobre a implantación no imaxinario colectivo

. Publicado en Pósteres

Autoría García García, Ana  (Universidade de Santiago de Compostela)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Título A impostura da imposición lingüística en Galiza: datos sobre a implantación no imaxinario colectivo
Sección Pósteres
Resumen A idea da "imposición lingüística" do galego foise xestando en grupos moi reducidos e difundindo socialmente a través dos medios de comunicación e de persoas, de maior ou menor relevancia pública, que serviron de altofalantes. Calquera que faga a súa vida en Galiza e que estea libre deste prexuízo sabe que estamos a falar dunha realidade inventada, unha realidade paralela, sabe que, de falarmos de "imposición lingüística" só nos podemos referir ao caso do castelán. Obtivemos datos interesantes a respecto da implantación do devandito prexuízo no Traballo de Fin do Mestrado interuniversitario en Lingüística Galega que titulamos "Contribución á análise de actitudes de cara á aprendizaxe da lingua en grupos de persoas adultas. Unha perspectiva a partir da experiencia no sistema Celga" (USC / UDC / UVigo, 2013). Aínda que non era materia fundamental de análise, o traballo de campo serviunos para obter información significativa que presentaremos neste póster, canda outro contido relacionado coa difusión a través dos medios de comunicación deste discurso planificado e cuxos obxectivos parecen claros, servir de atranco ao proceso de normalización lingüística. Ademais de tomaren como propios conceptos alleos e tradicionalmente vinculados á defensa da lingua minorizada (liberdade, conflito, xustiza ... ), crearon, como indicaría Lakoff, os seus propios marcos de referencia. Modificaron así o terreo de xogo. Grazas á planificación, unha mensaxe sinxela rematou por converter en verdade, para os ollos dunha parte importante da poboación, unha mentira repetida mil veces. Podemos adiantar xa un dato especialmente significativo do noso traballo de campo, a elevada porcentaxe de persoas monolingües en galego que asumiron o discurso da imposición da súa propia lingua. A través deste póster pretendemos amosar os nosos primeiros pasos nunha liña de investigación que consideramos rendible e necesaria para contribuír a acadar a normalización da lingua galega en Galiza.
Submit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to StumbleuponSubmit to TechnoratiSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn